Aviso Legal
O presente aviso legal (en adiante, o “aviso legal”) regula o uso do servizo do sitio de Internet que responde ao dominio: www.terrasatlanticas.es (en adiante, a “Web”) da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo con domicilio Av. Hispanidade, 17, 36203 Vigo, Pontevedra., e co CIF P8605704I.
Lexislación
Con carácter xeral as relacións entre a Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo coas persoas usuarias dos seus servizos telemáticos, presentes na web, atópanse sometidas á lexislación e xurisdición españolas.
As partes renuncian expresamente ao foro que lles pode corresponder e sométense expresamente aos xulgados e Tribunais de Pontevedra para resolver calquera controversia que poida xurdir na interpretación ou execución das presentes condicións contractuais.
Contido e uso
A persoa usuaria queda informada, e acepta, que o acceso a esta web non supón, de ningún modo, o inicio dunha relación comercial coa Mancomunidade Intermunicipal de Vigo.
O titular da web non se identifica coas opinións vertidas nesta polos seus colaboradores. A Mancomunidade Intermunicipal de Vigo resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas na súa Web, poderá cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través dela como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados nos seus servidores.
Propiedade intelectual e industrial
Os dereitos de propiedade intelectual do contido das páxinas web, o seu deseño gráfico e códigos son titularidade da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo ou de terceiros que autorizaron o seu uso e, por tanto, queda prohibida a súa reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade que se poida realizar cos contidos das súas páxinas web nin aínda citando as fontes, salvo consentimento por escrito da Mancomunidade Intermunicipal de Vigo. Todos os nomes comerciais, marcas ou signos distintos de calquera clase contidos nas páxinas web da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo son propiedade dos seus donos e están protexidos por lei.
Ligazóns (links)
A presenza de ligazóns (links) nas páxinas web de Terras Atlánticas ten finalidade soamente informativa e en ningún caso supón suxestión, invitación ou recomendación sobre elas.