Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este eventoo rematou.

Visitas teatralizadas no Castelo de Soutomaior

Xaneiro 1, 2023 @ 10:00 a.m. - Decembro 31, 2023 @ 7:00 p.m.

A Deputación de Pontevedra organiza entre os meses de xullo e decembro un total de 68 sesións de visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior, que permitirán que máis de 2.000 persoas (30 por quenda) descubran a fortaleza dun xeito diferente e dende a perspectiva da mitoloxía e as lendas da provincia de Pontevedra e de Galicia. As visitas están enmarcadas na liña temática de “Orixe Rías Baixas”, a campaña de promoción turística do destino Pontevedra Provincia que se está desenvolvendo neste 2023 centrada no patrimonio cultural inmaterial. As visitas, excepto as específicas para público adulto, están pensadas para público familiar a partir dos tres anos, estarán representadas por Troula Animación e teñen un prezo unitario de 8 euros (inclúe a visita ao castelo). As entradas pódense adquirir na web do Castelo.

A programación do verán comeza en xullo. Haberá en xullo e agosto dúas sesións os luns e venres ás 11:30 e ás 19:00 horas. Xirarán en torno a un castelo enfeitizado onde os máis pequenos e pequenas deberán desfacer o encanto de encantamento que sofre a fortaleza. Organízanse 34 sesións, onde as nenas e nenos poderán interactuar cos catro persoaxes protagonistas: o trasno (o comediante), a meiga (que realiza pócemas secretas), a moura (habitante e do Castelo) e o bardo (o poeta oficial da misión).

No outono e inverno, terán lugar as visitas teatralizadas temáticas polo Samaín e polo Nadal. As visitas de Samaín están divididas en dous blocos: unha versión para persoas adultas que se fará os venres e sábados de todo o mes de outubro ás 20:00 horas (oito sesións), e unha versión para público infantil que se celebrará os sábados e os domingos de outubro en dous turnos, ás 11:30 e ás 16:30 horas. Por último, as visitas teatralizadas de Nadal pecharán a programación durante a ponte de decembro, con dez sesións.

 

Detalles

Comeza:
Xaneiro 1, 2023 @ 10:00 a.m.
Remata:
Decembro 31, 2023 @ 7:00 p.m.
Evento categoría:
Evento etiquetas:
Scroll ao inicio