- Este evento rematou.
Festa dos Fachos
Xuño 22 @ 11:00 p.m.
€6A Festa dos Fachos, de orixe pagá e cuxa celebración vense dando desde o ano 2001 tras a súa recuperación, ten como motivo principal a manifestación colectiva da chegada do verán, aínda que tamén serve, segundo a superstición popular, espantar as meigas e os malos agoiros. Na celebración están presentes elementos como os fachos (feixe cilíndrico de palla), a música folclórica e a tradicional queimada.
O Monte da Peneda do Viso é o emprazamento habitual desta antiga celebración.
O evento terá lugar o sábado 22 de xuño, a partir das 23:00 horas, en que terá o seu comezo a procesión dos Fachos prendidos de lume, que rematará no alto do Viso. Unha vez chegados ao alto, lerase o pregón deste ano.
A participación ten un custo de 6 €, que inclúe rosquillas, unha cunca de queimada do lugar e o propio facho.