- Este evento rematou.
Bus turístico de Vigo 2024
Xuño 1 - Setembro 30
Vitrasa pon en marcha, un ano máis, este servizo que permitirá durante a tempada de verán coñecer nun percorrido de aproximadamente 90 minutos algúns dos puntos representativos da urbe galega. Desde o sábado 1 de xuño e ata o luns 30 de setembro vigueses e visitantes poderán realizar esta viaxe singular por algúns dos recunchos máis característicos da cidade.
O servizo do bus turístico de Vigo foi empregado por máis de 160.000 viaxeiros desde a súa posta en funcionamento. En concreto, o ano pasado, subiron ao autocar un total de 8.520 persoas. Este autobús convértese nunha das formas máis idóneas para aquelas persoa que queren coñecer a cidade desde outra perspectiva e durante a que descubrir espazos que talvez descoñecían.
Horarios:
Saídas dende a Estación Marítima de Vigo (calle Cánovas del Castillo)
- 10:30 horas
- 12:00 horas
- 16:30 horas
- 18:30 horas
Reserva de billetes:
As persoas interesadas poderán comprar o seu billete de modo en liña ata unha hora antes da saída do autobús a través da web de Woutick (fai clic aquí). Con este sistema, os viaxeiros poden organizar mellor a súa visita á cidade olívica reservando praza no bus para o día e hora que mellor se adapte ás súas necesidades. O billete tamén se poderá adquirir de forma presencial, a pé de bus, con tarxeta bancaria a través de TPV ou en efectivo.
Prezo:
O prezo do percorrido no bus turístico de Vigo é de 7,50 euros para os adultos e de 4 euros para os menores con idades entre os 5 e os 14 anos. Os menores de 5 anos viaxan gratis.
Percorrido:
- Cánovas del Castillo (Estación Marítima)
- Carral
- Marqués de Valladares
- Rosalía de Castro
- Oporto
- García Barbón
- Colón
- Urzáiz
- Gran Vía
- Praza España
- Gran Vía
- Praza América
- Avenida Castrelos
- Vuelta rotonda Portanet
- Avenida Castrelos
- Entrada principal Parque de Castrelos
- Parque de Castrelos
- Pontillón
- Circunvalación
- Avenida Castrelos
- Portanet
- Val Miñor
- Manuel de Castro
- Martín Echegaray
- Avenida Castelao
- Avenida Europa
- Samil
- Avenida Atlántida
- Rotonda Avenida Atlántida
- Rotonda Avenida Europa
- Circunvalación de Bouzas
- Bouzas
- Avenida Beiramar
- Cánovas del Castillo, 22