Loading Events

« Todos os Events

  • Este evento rematou.

Entroido en Soutomaior

Febreiro 3 - Febreiro 13

Sábado 3 de Febreiro

  • Ás 17.30 h comezará o pasarrúas (Gran Desfile de Comparsas de Entroido ) desde a rúa Calvario ata a Alameda de Talo Río.
  • Ás 19.30 h levará a cabo a lectura do pregón e a continuación a entrega de premios e a verbena coa disco móbil Dolce Vita.

Domingo 4

Actividades na Alameda Talo Río:

  • Ás 12.00 h os pequenos poderán gozar co inchable infantil.
  • Ás 12.30 h poderase tomar polbo e bebida.
  • Ás 13.30 h comezará a sesión vermú con Canta nas Croas.

Venres 9

  • Ás 10.30 h haberá pasarrúas do alumnado do CEIP M. Padin Truteiro
  • Ás 11.30 h a actuación infantil na Alameda de Talo Río.

Sábado 10

  • Ruada de Entroido. Ás 17.00 h sairán os entroudios e petitorios, desde o Concello e percorrido polos barrios de Soutomaior.
  • Ás 20.30 h comezará a merenda-cea que dará paso á verbena.

Domingo 11

  • Ás 12.00 h comezará a procesión do Galo por Soutomaior
  • Ás 15.00 h a comida comunitaria do galo con arroz.
  • Ás 17.00 h O Galo chegará a Talo Río.
  • Ás 17.30 h dará inicio á corrida do galo con xogos, baile e música.

Martes 13

  • Ás 20.30 horas os presentes poderán gozar en Talo Río con A Fiada, un baile tradicional/foliada que levará a cabo con gaitas, pandeiretas e bailadores e que incluirá, ademais, un desafío entre mozos e mozas e resto de participantes.

Detalles

Comeza:
Febreiro 3
Remata:
Febreiro 13
Evento categoría:
Evento etiquetas:
,
Scroll ao inicio