- Este evento rematou.
Eureka Gondomar
Xullo 6 - Agosto 6
Eureka: Reto Rural é unha iniciativa que ten por obxecto favorecer o turismo e o lecer ao aire libre en distintos municipios rurais da provincia de Pontevedra. Dos catorce municipios participantes, neste artigo se referirá a información respectiva aos seis municipios da Mancomunidade pertencentes ao grupo Eu Rural que tomarán parte na actividade, sendo estes: Mos, Gondomar, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Soutomaior e Redondela.
Consistirá en catorce escape rooms, temáticos e dixitais nos que os participantes deberán explorar os territorios dos municipios para avanzar no xogo. A participación será de balde.
Para crecer en familiaridade cos concellos do Xeodestino, Estes escape rooms ofrecerán desafíos lóxicos e adiviñas que teñen que ver coa cultura e a historia local, incluíndo sucesos e personaxes históricos, así como elementos naturais propios do municipio. Os participantes poderán avanzar no xogo a través de códigos QR e xeolocalización para a resolución das distintas probas, garantindo unha experiencia inmersiva co fin de fomentar o coñecemento do respectivo municipio.
Os xogos virtuais estarán pensados para todas as idades e contarán cun premio para o grupo (de ata seis persoas) que consigan completar a proba cun mellor tempo. Ademais, entre todas as persoas participantes, cada municipio sorteará un lote de produtos locais valorado en 150 €.
Inscrición: https://www.skeirrum.com/es/o-conde-no-camino-gondomar/