Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este eventoo rematou.

Festa do Mexillón 2024

Agosto 11

Castrelos ofrecerá unha gran xornada este domingo día 1.

Non faltará, por suposto, a comida, pero tamén haberá música en directo e un gran ambiente veciñal.

Desde as 10:30 horas deste domingo, Castrelos converterase no epicentro da festa en Vigo. A esa mesma hora comezará esta homenaxe a un produto tan saboroso como típico da gastronomía galega. Non son poucas as festas similares que se celebran durante todo o verán nos arredores da cidade (e máis aló), pero o máis especial desta cita é que ten lugar nun dos parques máis icónicos de Vigo, ao que todos os veciños e as veciñas teñen fácil acceso.

O ritmo poñerao a charanga e o grupo Xuntanza con actuacións en directo que animarán o ambiente e seguro que farán bailar á maioría dos e as asistentes ao longo de toda a xornada.

Esta celebración é posible grazas a Federación de Peñas Recreativas e ao investimento do Concello de Vigo.

Fonte: Metropolitano.gal

Detalles

Data:
Agosto 11
Evento categoría:

Lugar

Parque de Castrelos, Vigo
Scroll ao inicio