- Este evento rematou.
Festa do Polbo
Xullo 30, 2023 - Xullo 31, 2023
A festa do polbo, organizada pola comisión de festas de San Pedro e San Liborio da parroquia de Cela, en colaboración co Concello de Mos. Celébrase dende hai uns oito anos coincidindo co último domingo de xullo. A festa consiste na degustación desta delicia gastronómica de arraigo en toda Galicia. Así mesmo, este evento está acompañado por diversas actuacións musicais de folk, durante todo o día no alto de San Cosme, na parroquia de Cela.