Loading Events

« Todos os Events

  • Este evento rematou.

Do 10 ao 25 de Febreiro. Festas de Entroido en Redondela

Febreiro 10 - Febreiro 17

Festa de Entroido do 10 de febreiro con animación infantil e concertos

O sábado 10 de febreiro comezan as celebracións do Entroido en Redondela. Os nenos serán os primeiros en poder gozar desta festa, xa que pola tarde haberá talleres para eles na Carpa do Campo da Feira e un pasarrúas infantil. Pola noite haberá festa do sábado noite no campo da feira. A festa comezará a partir das 22.00 horas e contará con grupos musicais e picadiscos.

  • De 17:00h a 19:30h os obradoiros serán na Carpa do Campo da Feira.
  • As 18:00h. Psychodelia, de Troula Animación, tamén no Campo da Feira.
  • As 21:00h. La Patrulla. Versóns de Pop Rock Español
  • Está previsto as 23:15h. Estopaos. Tributo a Estopa
  • E as 00:30h. Rodri Vegas. Sesión Dj

Comparsas en Redondela e Chapela

Terán lugar o día 25 e 17 de febreiro, respectivamente.

O desfile de Redondela está programado para o 25 de febreiro as 18:00h e o de Chapela para o 17 do mesmo mes.
No que aos premios fai referencia, o xurado outorgará un primeiro de 900 euros, un segundo premio de 600 euros e un terceiro de 300 euros. Haberá tamén premios á mocidade: terán un premio de 500 euros cada un.
O Entroido de Redondela ofrece premios tamén para os grupos, parellas e disfraces individuais que participen o martes 13 de febreiro nun desfile que terá lugar na rúa Alfonso XII diante dos soportais do Concello. Este martes de Entroido, día grande de festa en Redondela, terá lugar a tradicional queima do Meco.

Pola súa banda, o sábado 17 de febreiro terá lugar o enterro do Berete en Chapela.

 

Detalles

Comeza:
Febreiro 10
Remata:
Febreiro 17
Evento categorías:
,
Evento etiquetas:
,
Scroll ao inicio