Loading Events

« Todos os Events

  • Este evento rematou.

II XORNADA ENOTURÍSTICA

Xuño 3

A xornada, na que poden participar viticultores e hostaleiros do municipio, celebrarase pola tarde nas tres adegas do concello e ten como obxectivo principal impulsar a colaboración entre restauración e adegas de Soutomaior.

As tres adegas do concello de Soutomaior, Quinta das Eiras, Cosecheros Reunidos e Noelia Bebelia acolleron a II Xornada Enoturística organizada pola concellería de Turismo.

A celebración desta actividade reune propietarios de establecementos de restauración e do comercio local que vende albariño de Soutomaior.

Unha xornada onde tamén se presenta a marca Enoturismo de Soutomaior  que ten como obxectivo englobar todas as actividades vencelladas co albariño de Soutomaior.

Para dita presentación contarán coa presenza da técnica da ruta do viño Rías Baixas, Laura Expósito, quen lles explicará o que implicaría formar parte desta ruta tanto a hostalería, comercio e como ás adegas. O obxectivo principal desta xornada é o de fomentar a colaboración entre o sector adegueiro e a marca Albariño de Soutomaior. Desta maneira, os hostaleiros e empresarios que asistan a esta cita dividiranse en tres grupos co fin de realizar unha degustación e unha cata en cada unha das adegas do concello e así coñecer de primeira man a calidade do produto.

Cabe destacar que Soutomaior sempre foi considerada unha subzona propia e independente de Rías Baixas debido ao seu prestixio histórico e á singularidade dos seus viños.

 

https://www.cousasde.com/soutomaior-organiza-a-ii-xornada-enoturistica-con-viticultores-e-hostaleiros-do-municipio/

Detalles

Date:
Xuño 3
Evento categoría:

Lugar

Soutomaior
Scroll ao inicio