Loading Events

« Todos os Events

  • Este evento rematou.

Rancho de Reis

Decembro 17, 2023

No ano 2018 aconteceu un feito histórico, Salceda contaba con dúas actuacións de 2 Ranchos de Reis da mesma localidade, algo que non acontecía facía 50 anos. O 5  de xaneiro na Asociación Cultural da Feira, presentábase o Rancho de Reis, que estivo desaparecido durante un tempo, pero grazas a todo o traballo colaborativo de todo o barrio voltouse a recuperar. Nesa data, o salón de actos adoita quedarse pequena para acoller a todas as persoas que queren estar presentes para conseguir ver o seu rancho bailar. A representación consta de dous danzantes que loitan por conseguir a unha dama nunha competencia para ver quen resulta ser mellor bailarín. A dama é representada por unha nena que será a encargada de decidir o gañador, obsequiadoo posteriormente cunha ribeirá que bailará en exclusiva con él. Os tres compoñentes empregan cores vistosas nas súas roupas, e a dama loce ademais, xoias de ouro, que eran prestadas polos veciños de máis poder adquisitivo, con moito orgullo para esta determinada actividade.

Historia dos Ranchos de Reis

A tradición ancestral dos ranchos de reis, de orixe incerto e antigamente máis estendida, sobrevive a día de hoxe tan só en sete lugares da contorna de Vigo: Riofrío, Guláns, Fozara, As Cortellas, Fornelos, Lourido e Salceda de Caselas.

Grupos festeiros deestes lugares reúnense os días 5 e 6 de xaneiro para solicitar o aguinaldo polas casas coas súas cancións e bailes. Históricamente, os músicos eran un gaiteiro, un tamborileiro e un intérprete de bombo. Porén, os cantadores utilizaban instrumentos humildes, é dicir, calquera dos utensilios do fogar ou do traballo.

A diferencia doutros conxuntos similares, como os bandos, carentes de música instrumental, ou as rondallas, carentes de música bocal, os ranchos incorporan danzas de reis ao seu repertorio. Nestas danzas, integradas entre as denominadas danzas brancas, empréganse arcos, castañolas, paus e fitas  e os bailadeiros van adornados con sombreiros, xoias, plumas, teas de cores, e outra indumentaria vistosa. Nalgúns lugares, as danzas dos ranchos acompañan as procesións relixiosas do día de reis.

Detalles

Date:
Decembro 17, 2023
Evento categorías:
,
Evento etiquetas:
Scroll ao inicio