- Este evento rematou.
Reconquista da Vila de Vigo, 23 e 24 de Marzo e 5, 6 e 7 de Abril de 2024
Marzo 23 @ 8:00 a.m. - Abril 7 @ 8:00 a.m.
Este ano os franceses tomarán a cidade do 23 de marzo ao 7 de abril, con motivo da coincidencia da Reconquista de Vigo (28 de marzo) coa celebración do Xoves Santo da Semana Santa. Será un longo período de desfiles das tropas francesas, actuacións musicais e conferencias.
Os días 23 e 24 de marzo, visitantes e veciños gozarán da representación do despedimento da corporación e comezará o período francés. Celebraranse actividades da Semana Santa (do 24 ao 31 de marzo), entre as que destacamos o desfile de tropas napoleónicas polas rúas do Casco Vello.
O 3 de abril será o día da Reconquistiña, é o día dos vigueses e visitantes, no que tomarán partido entre as tropas francesas ou os veciños, con pasarrúas pola cidade.
Do 5 ao 7 de abril será a fin de semana da Reconquista de Vigo coa Expulsión dos franceses da Porta do Sol, pasando polo Casco Vello e a despedida no peirao do Náutico.
E como nos ten acostumados coa festa da Reconquista de Vigo, durante a fin de semana haberá un gran mercado artesanal e gastronómico situado no Casco Vello, o Berbés, Elduayen e o Paseo de Alfonso XII. Sen esquecer as actuacións musicais de grupos locais e tradicionais nos distintos recunchos do centro.