- Este evento rematou.
Roteiro interactivo histórico do cemiterio de Pereiró
Marzo 27, 2023 @ 10:00 a.m. - 7:00 p.m.
Dos cemiterios que hai en Vigo, Pereiró é o de maior envergadura. O seu percorrido ofrece un auténtico museo ao aire libre de arte e historia descubrindo o pasado de Vigo a través de personaxes ilustres, sen esquecer outros tantos que ben merecerían ser incluídos. Moitos deles aínda na nosa memoria grazas ás rúas que hoxe levan os seus nomes e polos seus retratos no museo Quiñones de León.
Admirables mausoleos, panteóns e monumentos deseñados entre o século XIX e XX fan deste apracible e máxico lugar un punto digno de visita. O cemiterio de Pereiró está ornamentado non só cunha variada vexetación, senón tamén con diversas esculturas e símbolos que convidan a pasar, descubrir os seus segredos e perderse entre as súas rúas.
Cando:Evento permanente
Lugar:
Cementerio de Pereiró – Av. Castrelos 212
Horario:
Manaña: de 9:00 a 13:00 horas.
Tarde: de 15:15 a 18:30 horas.
Prezo:
Entrada de balde