Loading Events

« Todos os Events

  • Este evento rematou.

San Blas de Bembrive 2024

Xaneiro 12 - Febreiro 3

O San Blas de Bembrive, a gran festa de inverno en Vigo, caracterizada sobre todo polos furanchos e, ademais, polos manxares da tradicional matanza do porco, en forma de cocido galego, callos, orella etc., está a piques de comezar.

Datas:

O San Blas de Bembrive 2024 celébrase entre o 12 de xaneiro e o 3 de febreiro.

Fins de semana grandes: 26 ao 28 de xaneiro e 2 ao 3 de febreiro

No mapa oficial do San Blas 2024 en Bembrive figuran 23 furanchos, con permiso de apertura nos seguintes horarios:

Luns a xoves: 19:00 a 01:00 horas
Venres e sábados: 11:00 a 04:30 horas
Domingo: 11:00 a 01:00 horas

A lista de furanchos operativos é a seguinte:

  1. Rianxeira
  2. A Cabaña das Meigas
  3. Alboio do Correo
  4. Do Barril
  5. O Bombeiro
  6. O novo Pataquiño
  7. Endulza tu vida
  8. A Blasa
  9. O Submarino
  10. A Reventada
  11. A Casa da Guapa
  12. Lienzo
  13. A Botica do Toñito
  14. O Novo San Blas
  15. Chicha
  16. O Recuncho
  17. O 31
  18. Barallocas
  19. O Chivo
  20. A Costa
  21. Portas
  22. Chegar e Encher
  23. A Chorar a Cangas.

Todos eles incluirán na súa oferta, ademais do obrigado viño do país, diferentes pratos como tortilla ou chourizo.

O San Blas conta tamén con programación musical, que leva en funcionamento dende o venres 12 de xaneiro. Aínda están por celebrar os seguintes concertos:

  • Abóbriga (venres 26 de xaneiro)
  • Cóstame Krelos (sábado 27 de xaneiro)
  • Pelepau (sábado 27 de xaneiro)
  • Banda de Gaitas Charasmuscas (domingo 28 de xaneiro)
  • Os Escaravellos E Gaiteiros Sta. Columba de Ribadelouro (venres 2 de febreiro)
  • Ateneo Musical de Bembrive (3 de febreiro, Día de San Blas).

Haberá un aparcadoiro na Rúa Espedrás para que os asistentes poidan estacionar os seus vehículos.

Detalles

Comeza:
Xaneiro 12
Remata:
Febreiro 3
Evento categoría:
Evento etiquetas:
Scroll ao inicio