Loading Events

« Todos os Events

  • Este evento rematou.

XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela, do 13 ao 19 de Maio.

Maio 13 - Maio 19

O XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela. Celebrarase do 13 ao 19 de maio.

 

Historia

A finais dos anos 90 Juanjo Amoedo como presidente da Asociación Veciñal de Redondela, iniciou os trámites necesarios para celebrar o primeiro Festival Internacional de Títeres de Redondela pero un lamentable accidente truncou os seus desexos.

Tras o seu falecemento, diferentes colectivos da vila uníronse e fundaron a Asociación Xente Titiriteira co único obxectivo de celebrar un Festival de Títeres en memoria do seu veciño e amigo Juanjo Amoedo.

No ano 2000 celébrase a primeira edición do Festival e se pechamos os ollos índa podemos ver esas primeiras edicións levadas a cabo con mimo, dignificando un oficio e implantando o Festival como un referente.

Dende entón xa pasaron 25 anos.  

 

Trátase do Festival máis importante de Galicia no seu xénero e nun dos mellores considerados do país, que ademais chega ao seu aniversario de prata consolidado e recoñecido.

Esta celebración xa vén arroupada por un público interxeneracional onde os nenos que asistiron ás primeiras edicións levan agora aos seus fillos, nese ciclo vital que transcorre nun cuarto de século. Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, espectáculos itinerantes, instalacións, animación de rúa e un feixe de sorpresas.

O “Caracol” é a nova personaxe do 2024 que vén ilustrar esta XXV edición, creación de Pablo Pastor, que leva 25 anos dándolle ao Festival esa personalidade única.

Podemos confirmar xa a presenza de espectáculos e compañías chegadas das máis diversas procedenzas: Italia, Arxentina, Holanda, México, Francia, Portugal, Alemaña, Valencia, Castilla y León, Cantabria, Andalucía, Aragón ou Galicia.

  • Théatre Jaleo (Francia )
  • Di Filippo Marionette (Italia)
  • Tangram Kollektiv (Alemania)
  • Lejo (Paises Bajos)
  • Sergio Mercurio (Arxentina)
  • La Chana Teatro (Castela- León)
  • Marionetas Rui Sousa (Portugal)
  • Grupo Saltimbanqui (México)
  • Civi-Civiac (Aragón)
  • Mutis Teatro (Castela – León)
  • El Espejo Negro (Andalucía)
  • La Fam Teatre (Valencia)
  • MG Producciones (Cantabria)
  • Poporrubio (Galicia)
  • Tanxarina Títeres (Galicia)
  • Teatro Ó Cubo e CDG (Galicia)
  • Trécola Producións (Galicia)
  • Viravolta Títeres (Galicia)
  • Troula (Galicia)
  • Títeres Alakrán (Galicia)
  • Mircromina Teatro (Galicia)
  • Xirapaus (Galicia)
  • Cé orquestra pantasma (Galicia)
  • Pulpiño Viascón (Galicia)
  • The Turre´s Band (Galicia)
  • Kedirán (Galicia)
  • CantaTorrella (Galicia)

Ademáis haberá tamén unha programación especial:

  • Ruada “A brincadeira das mouras”
  • Exposicións Títeres Alakrán
  • Exposición “Historia dun cartel”
  • Teatriños Conmemorativos
  • “Obxectivo Títeres” Fotografías dun Festival
  • Mercadiño Titiriteiro-2024 (17, 18 e 19 de maio)
  • Títeres pola gorra

O Festival Internacional de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo é o reflexo do esforzo colectivo dun pobo por difundir e gozar do Teatro de Títeres.

 

Fonte: https://www.fitredondela.com/

 

Máis información sobre os titiriteiros asistentes ao festival :

https://www.fitredondela.com/wp-content/uploads/2024/05/libreto-2024.pdf

Detalles

Comeza:
Maio 13
Remata:
Maio 19
Evento categorías:
, ,

Lugar

Redondela
Scroll ao inicio