Bus Turístico de Vigo 2024

Vitrasa pon en marcha, un ano máis, este servizo que permitirá durante a tempada de verán coñecer nun percorrido de aproximadamente 90 minutos algúns dos puntos representativos da urbe galega. Desde o sábado 1 de xuño e ata o luns 30 de setembro vigueses e visitantes poderán realizar esta viaxe singular por algúns dos recunchos máis característicos da cidade.

O servizo do bus turístico de Vigo foi empregado por máis de 160.000 viaxeiros desde a súa posta en funcionamento. En concreto, o ano pasado, subiron ao autocar un total de 8.520 persoas. Este autobús convértese nunha das formas máis idóneas para aquelas persoa que queren coñecer a cidade desde outra perspectiva e durante a que descubrir espazos que talvez descoñecían.

Horarios:

Saídas dende a Estación Marítima de Vigo (calle Cánovas del Castillo)

  • 10:30 horas
  • 12:00 horas
  • 16:30 horas
  • 18:30 horas

Reserva de billetes:

As persoas interesadas poderán comprar o seu billete de modo en liña ata unha hora antes da saída do autobús a través da web de Woutick (fai clic aquí). Con este sistema, os viaxeiros poden organizar mellor a súa visita á cidade olívica reservando praza no bus para o día e hora que mellor se adapte ás súas necesidades. O billete tamén se poderá adquirir de forma presencial, a pé de bus, con tarxeta bancaria a través de TPV ou en efectivo.

Prezo:

O prezo do percorrido no bus turístico de Vigo é de 7,50 euros para os adultos e de 4 euros para os menores con idades entre os 5 e os 14 anos. Os menores de 5 anos viaxan gratis.

Percorrido: 

  • Cánovas del Castillo (Estación Marítima)
  • Carral
  • Marqués de Valladares
  • Rosalía de Castro
  • Oporto
  • García Barbón
  • Colón
  • Urzáiz
  • Gran Vía
  • Praza España
  • Gran Vía
  • Praza América
  • Avenida Castrelos
  • Vuelta rotonda Portanet
  • Avenida Castrelos
  • Entrada principal Parque de Castrelos
  • Parque de Castrelos
  • Pontillón
  • Circunvalación
  • Avenida Castrelos
  • Portanet
  • Val Miñor
  • Manuel de Castro
  • Martín Echegaray
  • Avenida Castelao
  • Avenida Europa
  • Samil
  • Avenida Atlántida
  • Rotonda Avenida Atlántida
  • Rotonda Avenida Europa
  • Circunvalación de Bouzas
  • Bouzas
  • Avenida Beiramar
  • Cánovas del Castillo, 22
Scroll ao inicio