Festa do Choco

A Festa do Choco é unha festa tradicional que se celebra na primeira quincena de maio dende o ano 1987 en Redondela, de exaltación deste produto tan típico do municipio.

A maneira de obtención do choco é a seguinte: é capturado polos mesmos marñeiros do lugar, sobre todo durante a primavera, que é a temporada tradicional deste molusco. Para isto, fan uso das artes tradicionais, como as nasas.

Esta festa reúne aos máis importantes hostaleiros do municipio, que participan nunha competición gastronómica dividida en categorías.

Esta competición é a estrela principal da festa. O recinto da festa sitúase no centro de Redondela, no aparcadoiro situado ao carón dos xardíns da Alameda. Alí instálanse os distintos vendedores e mesas para os comensais. No mesmo recinto, celébrase a tradicional verbena, así como distintas actividades de grupos folclóricos e un amplo programa de actividades festivas e culturais.

Scroll ao inicio