Esta festa realiase na Praza do Concello de Salceda, acto no que non pode faltar a degustación para tódalas persoas que queiran achegarse.
Esta festa ten o seu orixe nas feiras do ganado, cando os traballadores tomaban un descanso e comían un bo prato de callos para repoñer forzas e continuar a xornada.
A XXX edición será sen dúbida unha edición especial, xa que Alejandro Alonso, mestre de cociña e encargado da festa nas súas 30 edicións, dará paso á súa filla Begoña Alonso, que será encargada de seguir co legado de Alejandro nos vindeiros anos. O propio Alejandro recoñecía na presentación que agora pretende dedicarlle máis tempo á familia, aos amigos, a pasear e, en definitiva, a facer todo aquelo que durante anos non fixo por mor do traballo. Recoñecía Alejandro que se sinte “Salcedense de corazón” e que nunca vai esquecer tódolos anos que leva no municipio.
Esta festa ten lugar entre o 30 de agosto e o 1 de setembro, e ofrecense aproximadamente 20.000 racións
A Festa dos Callos é economía, é turismo, e sobre todo é “facer Salceda”, así o sostén a Alcaldesa de Salceda.