Gondomar
A vila de Gondomar, concello da provincia de Pontevedra, está situada no Val Miñor, no extremo sur occidental de Galicia. Limita ao norte con Vigo e Nigrán, ao oeste con Baiona, ao leste con Porriño e Tui e ao sur con Tomiño e componse de dez parroquias: Borreiros, Donas, Mañufe, Vilaza, Gondomar, Couso, Chain ,Peitieiros, Vincios e Morgadáns.
A súa ampla extensión (74,8 quilómetros cadrados) ofrece unha gran variedade de paisaxes e hábitats: dende os rochosos escarpes da Serra do Monte Galiñeiro, pasando por fragas como a de Oliveira, brañas como a de Chan do Cereixo, ribeiras do Grova e Miñor ata as xunqueiras do esteiro do Miñor.
A orixe dos primeiros asentamentos atopados remóntase ao Paleolítico, máis concretamente datáronse nuns 150.000 anos e atópanse na estación rupestre de Chan do Cereixo (Portavedra-Donas).
Tamén atopamos numerosos vestixios da cultura castrexa, da época romana así como da Idade Media.
A orixe de Gondomar estaría relacionada coa presenza dun asentamento xermánico ao mando dun xefe chamado Gundemaro. É na Idade Media, no século XII e na segunda metade do século XIII, cando se forman as parroquias, cuxos límites, en términos xerais, non sufriron alteracións dende entón.
O importante aumento de poboación que experimentou o val durante estes séculos dá lugar á aparición dun número importante de muíños. Os mercados e as feiras, nos que se intercambiaban gando e utensilios, xa existían nesta época, tal e como o demostra a aparición dun mapa dos séculos XII-XIII do lugar da Feira.
Foi entre os séculos XVI e XVII cando Gondomar sufriu unha grave recesión económica por mor de pestes, da fame e da guerra galaico- portuguesa. Foi por entón cando os portugueses, ante a imposibilidade de entrar en Vigo, retiráronse de Gondomar, non sen antes saquear e prender lume a varias edificacions, entre elas o Pazo do Conde de Gondomar.
No século XIX desvincúlanse dos seus territorios (as actuais parroquias) os señoríos eclesiásticos e civís e fórmase o Concello Constitucional de Gondomar.
No Concello de Gondomar atópanse varios espazos de interese natural: o coñecido co nome da Foz do Miñor. Esta área está incluída dentro da Rexión Bioclimática Atlántica. Atópase protexida polas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da Provincia de Pontevedra.
Sitios
Rutas
Que fago coas/os amigas/os en Gondomar?
Unha das opcións que tes cando quedas en grupo é camiñar polo monte. En Gondomar…
Actividades
Gondomar, Pontevedra 36380 Spain
Festividades
Feiras
Non hai próximos eventos