
Pazos de Borbén

Pazos de Borbén é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE no 2022 tiña 2.998 habitantes. O concello conta cunha extensión de 50 km² e abrangue oito parroquias: Amoedo, Borbén, Cepeda, A Ermida, Moscoso, Nespereira, Xunqueiras e Pazos.
Atópase ao sur da provincia, situado entre os municipios de Redondela, Soutomaior, Mondariz, Fornelos de Montes, Ponteareas e Mos, integrándose dentro da Mancomunidade de Vigo. Situado entre a Ría de Vigo e as serras occidentáis galegas.
Dista tan só 23 e 25 Km. de Vigo e Pontevedra, respectivamente. A estación de ferrocarril máis próxima é a de Redondela, a 8 Km. de distancia, e o aeroporto de Peinador atópase a 15 Km.
Sitios
Rutas
Eureka: Reto Rural
Eureka: Reto Rural é unha iniciativa que ten por obxecto favorecer o turismo e o lecer…
Festividades
Non hai próximos eventos