Presentamos unha ruta con múltiples petroglifos zoomorfos. A misión consiste en atopar cabalos en liberdade e cabalos gravados en pedra. É un roteiro circular de dificultade moderada de case 13 km, onde poderemos ver os petroglifos de Couso e Donas, con zoomorfos de estilo clásico, e esquemático nos de Chan de Outeiro, xeométricos en similares estilos nos Outeiros Grandes. Tamén poderemos observar gravados pouco ostentosos, coma os da Tomada Regueira dos Barreiros e os sorprendentes das Covas de Amorín. A visita á zona húmida das Campurras permite ver un petroglifo con covas, contextualizado na época neolítica.
Loading...
No Records Found
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Maps failed to load
Sorry, unable to load the Maps API.