A escultura Acordo Xusto, obra do artista ourensán Ramón Conde, está instalada na praza pública Miguel Ángel Blanco, en recordo ao concelleiro de Ermua asasinado pola banda terrorista ETA no ano 1997. A escultura está situada ás portas da nova Cidade da Xustiza, antigo hospital Xeral de Vigo.
É unha obra de tótem, que destaca pola súa verticalidade. Unha peza elaborada en bronce, de cinco metros de altura que representa dúas mans entrelazadas, que reflicten a idea da xustiza universal e acceso igualitario a un dereito básico nas sociedades democráticas. Segundo o autor componse do símbolo “máis universal do que entendemos cando algo é xusto e satisface a ambas partes en desacordo: o apretón de mans”. A súa verticalidade busca “dar unha idea do que é o dereito, unha creación intelectual (arriba) para solucionar os problemas de aquí e agora (abaixo)”.
Se queres ver máis obras de Ramón Conde, podes baixar Gran Vía e achegarte a Os Redeiros, ou seguir baixando ata A Laxe e ver Homenaxe á Emigración.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.