O acueduto Ou Bravo atópase situado no curso do río Zamáns ou Vilaza, moi preto do núcleo urbano de Gondomar. Data do século XVII e o seu uso non está indefinido, aínda que se di que se utilizaba para regadío das leiras dun pazo situado na parroquia de Mañufe. Posúe tres arcos de medio punto e dous aliviadoiros adintelados a ambos os dous lados para épocas de crecidas puntuais. Nas beiras do Vilaza transcorre un carreiro. A uns cincuenta metros río abaixo atopamos outras ruínas de interese: unha construción realizada con pedra e que conta cun basto arco rebaixado no que existe un oco onde aínda se conservan os bloques refractarios. Estes bloques poderían formar parte dun posible forno. O máis probable é que se trate dun «caleiro» ou «forno de cal», que servía para extraer o cal das pedras calcarias.
Nas proximidades existe unha pedra coa seguinte inscrición: A JUAN PSE ANO DE 1696.
Hoxe o seu aspecto móstrase ao visitante comido polo musgo e a maleza.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.