Aldea restaurada que foi recuperada grazas aos diferentes obradoiros de emprego levados a cabo polo concello de Mos. Espazo no que constan unhas pequenas e antigas edificacións datadas arredor de 1670. A pequena aldea está composta por dúas vivendas tradicionais, con construcións anexas, ocupando unha superficie aproximada de 600 m². Ao lado da aldea hai dúas zonas de zócalos empregadas antigamente como hortas ligadas á vivenda. Existe tamén unha rede de camiños que artigan o ámbito, dende o punto de vista etnográfico e urbanístico presentan un grande interese pola súa integración no territorio.
A Aldea Alfacuca quere ser un espazo de actividades lúdicas, educativas, sociais, culturais, de ocio e tempo libre. O proxecto de Campo de Voluntariado pretende axudar a dinamizar e recuperar unha antiga aldea na que o Concello de Mos leva anos traballando, dotándoo de espazos de interese comunitario que poidan ser visitados pola veciñanza e onde coñecer aspectos tanto do Concello como da nosa cultura e etnografía, a través da acción voluntaria.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.