A área arqueolóxica do Coto da Cruz é un espazo funerario prehistórico datable entre o 4.000 a.C e o 1.500 a.C situado en terreos das comunidades de montes de Santa María de Salceda e A Picoña.
Dende o neolítico enteudeuse por toda a fachada atlántica de Europa a prática de soterrar os mortos en mausoleos en forma de casquete semiesférico construidos con terra e pedras. O Coto da Cruz acolle dous deste monumentos, situados a só 250m do lugar no que te atopas, polo que te convidamos a visitalos a pé.
Os túmulos son enterramentos colectivos que as sociedades prehistóricas do Neolítico e os inicios da Idade de Bronce (entre o V e o III Milenio a.C) crearon para dar terra aos seus defuntos, o que provocou unha notable humanización da paisaxa.
Os túmulos, que tamén se coñecen co nome de mámoas, modorras ou arcos, situánse con frecuencia con frecuencia en lugares elevados de perfil chan próximos a lugares de paso (portelas, depresións…) o que evidencia que os homes e mulleres que os construíron pretendían que fosen ben visibles na paisaxe, o que quizáis nos estea indicanto que tamén foron utilizados como marcadores territoriais, isto é, como límites físicos dun territorio controlado e explotado por unha comunidade concreta.
Durante a Idea Media , cuando se conformaron a maioría das parroquias de Galicia, moitas das Mámoas (caso detas do Coto da Cruz) foron realizadas para fixar límites entre elas.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.