O barco que se atopa na Avenida de Castelao é o Bernardo Alfageme. Deuse a coñecer por ser o último buque de pesca de altura construído integramente en aceiro remachado na primeira metade do século XX que se conserva en España. Durante os seus primeiros anos de funcionamento faenou nos caladeiros do Gran Sol e os seus últimos anos de servizo pasounos nos caladeiros do sur de Portugal.
Doado ao concello no 2000 estivo uns anos na dársena de Bouzas, no 2014 foi reparado e no 2015 situado no barrio de Coia. Aínda que algúns veciños protestaron por estar en desacordo coa súa colocación na rotonda, finalmente o alcalde conseguiu deixalo na localización actual.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.