Na parroquia de Petelos está esta capela de nave rectangular en honor a San Amaro. A data exacta da edificación non se coñece.
Capela dunha soa nave rectangular, con bóveda e piso de terrazo. Ten dúas portas, a principal na fachada norte, que é a que se conserva da primitiva capela, e unha lateral ao leste. A espadana, de cemento, é dun só van con arco de medio punto. Nos 70 derrubouse e, ao reedificala, ampliouse mantendo a fachada principal.
No seu interior conserva as imaxes de San Amaro, San Vicente e a de Santiago na batalla de Clavijo.
Loading...
No Records Found
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Maps failed to load
Sorry, unable to load the Maps API.