O cargadoiro Coto Wagner é unha obra de arquitectura industrial, hoxe en desuso, construída entre os anos 1960 e 1964 pola Sociedad Minero Metalúrgica de Ponferrada, S.A. e segundo os planos do enxeñeiro de camiños Eloy Fernández-Valdés Rodríguez. A súa función era a carga de mineral de ferro na Ría de Vigo, co fin de facilitar o transvasamento para o seu transporte por mar con vistas á súa exportación ás siderúrxicas europeas. O molle, que formaba parte da instalación, cun calado de máis de 10 m, posuía unha capacidade de carga de 2000 toneladas/hora, onde podían atracar barcos de ata 45.000 TRB (Toneladas de Rexistro Bruto).
O conxunto está composto de tres plataformas de formigón erectas sobre o fondo da Ría, unidas entre si por unha estrutura metálica, que á súa vez estaba conectada á costa por unha ponte análoga; esta ponte contaba con cintas transportadoras que levaban o material mineiro que chegaba por ferrocarril desde os xacementos de Coto Wagner e Coto Vivaldi, situados na provincia de León, ata Rande, lugar da parroquia redondelana de Cedeira onde o cargadoiro foi erixido.
O cargadoiro estivo en funcionamento desde 1965 ata 1974, momento no cal a crise enerxética iniciada no ano 1973 paralizou a súa actividade, quedando así abandonada ata os nosos días.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.