Casa da Torre é un edificio histórico do municipio redondelano; a día de hoxe funciona como albergue público para peregrinos, e destaca polo seu valor patrimonial, ao tratarse dunha obra de arquitectura local, así como polos seus espazos dedicados á cultura.
O edificio é de natureza señorial, de estilo renacentista, construído no século XVI pola familia Prego de Montaos. Sobre a porta arqueada de acceso está representado o escudo familiar. Tanto o historial de propietarios como os usos aos cales se destinou son moi variados, e ata variopintos: foi a Casa do Concello ata que se construíu o actual edificio consistorial, depósito de coches de alugueiro e despacho de tabacos. Pasou a ser de dominio público no ano 1999, sendo actualmente propiedade da Xunta de Galicia, que se ocupa da súa xestión como titular.
Actualmente, no interior existe unha biblioteca, unha sala de lecer e un espazo reservado á exposición Sargadelos, unha colección de cerámica de temática histórica e literaria, con Don Quijote figurando como protagonista dalgunhas das pezas.
Entre as súas funcións, como xa quedou dito, atópase o ser albergue, con cociña, lavadora, secadora e resgardo para bicicletas, e punto de información para os peregrinos que sigan o Camiño de Santiago Portugués (necesaria credencial).
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.