Descubre a historia da Casco Vello de Vigo! Esta zona é o núcleo histórico da cidade, unha pequena vila no medio dunha urbe industrial e ruidosa, cun proceso de rehabilitación aínda en activo. O barrio caracterízase polos seus edificios históricos e a influencia dos tradicionais oficios do mar.
Comezando nas casas de mariñeiros e os seus soportais na ribeira do Berbés, o visitante chega ás casas da época renacentista (actual Museos Camões) ou á imprenta onde se imprimiu Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. Un pouco máis adiante destaca a Concatedral de Santa María, colexiata neoclásica, construída no século XIX como substitución ás súas predecesoras, de estilo gótico. A igrexa actual está decorada con multitude de frescos e alberga ao Cristo da Victoria, protagonista da procesión máis multitudinaria da cidade, celebrada tradicionalmente o primeiro domingo de agosto. No xardín da colexiata estaba plantada a oliveira que, xunto ao castelo, integra o escudo da cidade, desaparecido durante a construción da actual catedral e do que naceu a oliveira que agora se atopa no paseo de Alfonso XII, xunto ao miradoiro con vistas ao porto pesqueiro. Pois, en efecto, a historia conta que Don Manuel Ángel Pereyra (administrador da Aduana e fillo político do Alcalde D. Cayetano Parada e Pérez de Limia) recolleu unha das ramas da oliveira orixinal e plantouna no horto da súa casa, diante da Porta do Sol; alí arraigou e creceu ata que o desenvolvemento da cidade fíxoo desaparecer, non sen antes ser plantado de novo no Paseo de Alfonso XII, onde pode verse na actualidade. Subindo desde a oliveira ata o Castillo de San Sebastián, o curioso pode descubrir as quellas da zona vella e, desde as murallas, gozar das vistas panorámicas sobre os tellados, que abranguen ata as Illas Cíes.
Deixando atrás o castelo, o transeúnte pasa polo Banco dos Contos, onde os comerciantes facían as súas contas cando finalizaba o día de mercado. Baixando por Abeleira Menéndez, pódese visitar a pinacoteca Francisco Fernández del Riego para logo baixar á Praza da Porta do Sol, rodeada de emblemáticos edificios e monumentos, tales como os edificios El Moderno, Pérez Labarta, Simeón, Galoya, e o monumento popularmente coñecido como El Sireno no centro. As rúas empedradas levan á Praza da Constitución (onde se atopaba a sede do antigo concello, hoxe Casa da Cultura), cuxos pórticos, que hai dous séculos empregábanse como mercado, agora albergan numerosas tabernas, bares e restaurantes que enchen a praza de terrazas. Na festa da Reconquista (celebrado a fin de semana máis próxima ao 28 de marzo), pode un facerse unha idea de como era a vida no barrio en 1809. Baixando, xa na Praza da Pedra, á dereita sitúase a Rúa da Peixaría, onde se poden probar as famosas ostras.
Conseguirá o viandante atopar os reloxos de sol que hai neste percorrido?
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.