O Castelo de San Sebastián é unha fortaleza do século XVII construída para protexer a cidade dos múltiples ataques piratas. O castelo forma parte da Fortaleza do Castro, que estaba configurada por tres recintos amurallados. Na actualidade consérvanse só dous dos tres recintos: a fortaleza que coroa o alto do monte do Castro (agora utilizada como mirador) e parte da fortaleza de San Sebastián (a outra parte desaparece cando se constrúe o edificio actual do concello). O terceiro recinto sería a muralla da cidade que desapareceu na súa totalidade ou está oculta debaixo das rúas do casco vello e só aparece cando se fan obras no centro da cidade.
Atopáronse pasadizos e túneles datados no século XVIII que comunicaban o castelo de San Sebastián coa fortaleza do Castro.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.