O Castro de Torroso ou do Retiro é un sitio arqueolóxico pertencente á cultura castrexa, descuberto no concello de Mos de maneira fortuíta na primavera de 1983 e escavado con posterioridade entre os anos 1984 e 1990. Estímase que tivo un período de ocupación moi curto, desde comezos do século VII a.C. ata finais da mesma centuria, sen que se constataran posteriores períodos de reocupación. É un dos castros máis antigos detectados: presenta unhas características que o sitúan na etapa inicial da cultura castrexa, entre elas, o emprego dun sistema arquitectónico baseado na pedra.
O castro sitúase na parroquia de San Mamede de Torroso, no concello de Mos, preto do límite coa parroquia de San Mamede de Petelos. Atópase a unha altitude de 135 metros sobre o nivel do mar, na marxe dereita do alto do val do Río Louro, afluente do Miño. Ocupa un lugar privilexiado na xeografía que, a modo de anfiteatro, ábrese cara ao sur e atópase protexido polo leste polos Montes do Galleiro e, polo oeste, pola Serra do Galiñeiro. Localízase a tan só 8 km en liña recta da Ría de Vigo. Preto do lugar son abundantes os mananciais e cursos de auga.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.