Hai uns anos que os camposantos están sendo descubertos como lugares de culto e como grandes referentes históricos e arquitectónicos. Este é o caso do cemiterio dos Eidos, a súa historia remóntase aos anos 30 do século XIX, unha época de esplendor para o concello de Redondela grazas ao comercio internacional. Alberga tallas, panteóns e mausoleos de gran valor artístico e histórico elaborados por canteiros da zona. Naquela época as tumbas eran unha mostra de poder e os arquitectos da época deseñaban propostas únicas para cada familia.
Foi declarado o cemiterio máis bonito de España no 2022.
E se queres seguir de ruta por cemiterios, non deixes de visitar o cemiterio de Cesantes ao solpor.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.