Cos Chozos volvemos aos tempos do pastoreo. Na serra do Suído consérvanse diseminadas polos seus cumios moitas mostras desta arquitectura popular dedicada ao pastoreo. A maioría delas pertencen á Comunidade de montes de Estacas e á Comunidade de Montes da Laxe. A falta de vías de comunicación e a distancia que estes pastores percorrían, facíanlles pasar longas tempadas lonxe e para protexerse da nevarada, tormentas e choivas, organizábanse para construír unhas estruturas nas que resgardarse, así como diferentes instalacións, lavadeiros, fontes, lareiras etc. formando unha comunidade humana moi activa.
Os Chozos son construcións de granito dun só andar que no seu interior teñen aproximadamente 20 m² e dispoñen de bancadas corridas, bancos, nichos para almacenar obxectos, lareiras e unha pequena fiestra probablemente para facer de tiro das fogueiras da lareira. Construíanse nos lugares máis protexidos da serra, aproveitando as ladeiras da vertente sur para protexerse dos fríos e húmedos ventos do norte. A construción estaba cuberta con grandes losas que descansaban sobre arcos de medio punto. No exterior, as paredes laterais estaban apoiadas nos contrafortes para soster as presións dos arcos. O tellado estaba cuberto de musgo e vexetais para aillar a casa tanto da humidade coma da calor. A antigüidade destas construcións non é moi clara, aínda que pola súa arquitectura de arcos de medio punto poderían ser da época medieval, séculos XII ou XIII.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.