Para chegar ata aquí hai que dirixirse pola estrada PO-250 en dirección a Fornelos dende Pazos de Borbén. Antes de chegar á ponte que atravesa o embalse de Eiras, no desvío a Calvos, pódese atopar a sinalización do sendeiro. Este pertence a súa vez a un sendeiro maior, chamado Senda da Fraga do Barragán.
Xacementos castrenses en San Vicente de Oitaven. O espazo do Monte da Cidade presenta numerosos elementos patrimoniais datados en distintas épocas, o que incrementa a riqueza histórica do lugar. Como resto arqueolóxico máis importante existe un castro da Idade de Ferro, que presenta alteracións provocadas polo seu uso como zona de poboamento estable en distintos períodos históricos. Atópanse restos dun parapeto (etapa castrexa), así como unha construción de area e pedra que se podía tratar dunha estrutura para o control visual (época medieval) e na época moderna constrúese un poboado agro-gandeiro que ocupa boa parte do foso, composto por pequenas edificacións de pedra. O castro confórmase por dúas fosas. Nunha delas hai unha multitude de casas construídas en pedra, cubertas de musgo e vexetación. Estas vivendas están semisoterradas, ocultas e protexidas dentro dese espazo fundido.
A muralla da entrada desempeñou a función de acueducto. Data de 1787 e canalizaba as augas para a rega das terras de cultivo, dispostas en terrazas sobre o río. Pódese ascender polo lateral para ver a canalización existente para dirixir a auga. Na parte alta dereita da porta de entrada aínda se poden distinguir restos de edificacións circulares Celtas.
Na zona tamén podemos atopar os restos dun muro de obra da etapa castrexa e unha construción de pedra e area que podería servir como estrutura de posto de vixilancia.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.