No parque do Castro de Vigo hai multitude de áreas funcionais e de lecer; entre elas, hai unha área especial habilitada como circuíto de seguridade viaria para bicis, skates, monopatíns etc., regulado por sinalización viaria e semáforos: unha simulación o máis realista posible do tráfico. Nel, os nenos teñen a oportunidade de familiarizarse dende pequenos coa seguridade viaria; de feito, a policía organiza en ocasións actividades para nenos relacionadas coa seguridade viaria (os almacéns onde gardan o material están xusto á beira do circuíto). Este espazo está situado diante dos locais municipais de ensaio e os depósitos de auga. Nas proximidades do circuíto de seguridade viaria, antes de chegar a el dende o Paseo dos Cedros, existe un parque infantil para uso e goce dos máis pequenos.
Un pouco máis aló do circuíto, cara ao oeste, hai unhas pistas con pendentes e ramplas para o uso dos afeccionados ao skate e ás bicicletas freestyle.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.