Convento de Vilavella é o nome que recibe unha serie de edificios e monumentos situados na entrada sur da vila de Redondela, que datan do século XVI. Consta de convento, igrexa, cruz e xardín con fontes, hórreo e patio interior con claustro. Vilavella está inventariado como Patrimonio Cultural de Galicia, conta con 4.628 metros e sitúase nunha finca amurallada de 7.500 metros cadrados.
Fundouno García Prego de Montaos a comezos do século XVI e foi xestionado pola Orde das Xustinianas. Desta época consérvase só a igrexa Conventual que consta de ábside e nave regular dividida en cinco tramos por arcos que coinciden no exterior con outros tantos contrafortes.
A orde de monxas Justinianas abandonou o convento en 1931, e no 1936, acordouse ceder o conxunto arquitectónico ao estado. Porén, o traslado nunca se produciu debido ao inicio da Guerra Civil Española. En 1942 mercouno o industrial conserveiro José Otero González, e investiu moitos cartos nel para devolvelo á Orde de Justiniano, da que era agregado espiritual, para que se establece un colexio para Redondela.
Polas súas salas pasaron, unha vez pechado o convento, fábricas textís, conserveiras e, xa na época máis recente, eventos e cerimonias, aínda que tamén está habilitado para uso residencial.
Loading...
No Records Found
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Maps failed to load
Sorry, unable to load the Maps API.