A ermida está dedicada á Virxe da Guía e ao Sagrado Corazón de Xesús.
Manuel Gómez Román foi o encargado da construción da nova igrexa, xa que a anterior se atopaba en moi mal estado de conservación.
A ermida é de planta rectangular con ábsida poligonal, erguida sobre unha plataforma contida cun muro recio de cachotería. Nos muros exteriores emprégase o muro de cachotería, mentres que nalgúns entrepanos do templo e nos soportais se combina a pedra con fina cantería e lucidos brancos.
A cornixa da fachada principal é cortada a través dunha orixinal composición de placas. A entrada principal resáltase cun frontón partido con venera central.
O punto de referencia da igrexa é unha torre central, no proxecto orixinal esta era moito máis grande e rematada coa imaxe do Sagrado Corazón de Xesús mais, debido á situación económica da irmandade, decídese restarlle tamaño. Non estivo libre de polémica, debido a que a imaxe do Sagrado corazón de Xesús se empregou durante a guerra civil como símbolo das forzas revolucionarias fascistas, e sendo tamén proxectado durante o franquismo.
Dende o 2022 o Cristo está instalado no lugar que se lle deu no proxecto orixinal de Manuel Gómez Román no ano 1951.
Pódese subir ao alto da igrexa, o que proporcionará unhas vistas espectaculares á Ría de Vigo.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.