Se precisas dun lugar para relaxarte e gozar da cultura e historia da cidade, a Ronda de Don Bosco é un sitio que non podes deixar pasar.
A estatua de Don Bosco está situada preto do centro da cidade. Na súa inauguración o 27 de marzo de 1966 situóuse fronte á igrexa de María Auxiliadora, aínda que trocou a súa localización polas obras de acondicionamento da praza. Agora está a unhas decenas de metros do seu lugar orixinal, no principio da rúa.
A obra do escultor galego Camilo Nogueira é unha homenaxe ao santo italiano que fundou a orde dos salesianos e considerado “patrón da xuventude”. De feito, na estatua represéntase a Don Bosco parado con dous nenos que se lle achegan e cun friso horizontal cheo de nenos que representa a toda a xuventude de Vigo.
A estatua tallada en pedra de Castrelos foi doada polos Antigos Alumnos Salesianos en agradecemento ao seu compromiso coa educación dos mozos.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.