Estamos ante a estatua de Diego Sarmiento de Acuña, a personaxe máis importante de Gondomar e de toda a comarca do Val Miñor. Home instruído, amante dos libros, intelixente e con boas dotes diplomáticas. Aínda que naceu en Astorga, trasladouse a Gondomar aos doce anos da morte do seu pai. Foi un dos mellores diplomáticos das Cortes de Felipe III e Felipe IV. Ninguén mellor ca el estaba capacitado para asumir a difícil embaixada en Inglaterra. As súas boas cualidades respondían á imaxe de embaixador perfecto: agudeza nos discernimentos, destreza nas negociacións e clarividencia á hora de suxerir solucións, astuto á hora de captar oportunidades, tenaz en acadar os seus obxectivos, firme e seguro nos seus achegamentos e propósitos e home animoso e de bo humor. Os seus inimigos considerábanno un ser maquiavélico capaz de exercer unha influencia maligna sobre o seu rei.
Á relevante vida política hai que sumarlle a súa vida literaria, destacando o seu achegamento persoal aos escritores, xustificado polos seus coñecementos históricos e literarios, que lle permitiron asesorarse e revisar os seus propios textos. Tamén era un grande afeccionado á poesía e como recoñecido bibliófilo, reuníu unha rica e variada colección de libros manuscritos e impresos. Esta paixón polos libros, levoulle a buscar e seleccionar os máis variados exemplares para a súa biblioteca, que chegou a ser unha das máis célebres da súa época.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.