Localizado na senda do río Caselas. Esta senda fai honra ao nome do autor Alfredo Valentín Paz Andrade, o cal dedicou a súa vida á loita constante a prol de Galicia defendendo os principios de liberdade e igualdade, o que o levou en varias ocasións a sufrir penas de cárcere e incluso desterro durante a época do franquismo. Esta senda conecta a Fonte das Carballas cruzando a estrada da Carrasqueira, Cabreira que serve de conexión peonil coa vila da Esfarrapada. Discorre dende As Pontes ata As Regadas, case no límite co concello lindante, Salvaterra do Miño. Este proxecto foi redactado polo enxeñeiro agrícola Julio Piñeiro, ao que se lle outorga o Mellor Proxecto Visado no 2012 ao colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Pontevedra. De feito, esta acción figura no programa do concello de Salceda de Caselas para a recuperación, creación e posta en valor de espazos destinados ao uso público. Desta maneira, recuperouse unha zona en estado de abandono para uso recreativo aproveitando a contorna. Paz Andrade agradeceu a implicación amosada polo alcalde e goberno municipal nesta acción da que amosou orgullo e dedicou unhas verbas para a súa nai.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.