Á fervenza, situada en Gondomar, pódese acceder dende a terraza do Muiño Vello, a escasos metros da fervenza, tras cruzar unha ponte. Embaixo do viaducto do Ave tamén atoparemos unha senda de menos de 200 metros que nos leva ata ela. A fervenza está formada polas augas do río Alvedosa e salva un desnivel duns tres metros. Hai unha pasarela con escadas de madeira que permite gozala dende a base ou dende a zona superior, pasando xunto a uns antigos muíños de auga situados nun dos laterais do salto. A parroquia de Reboreda é famosa polos seus muíños. Primeiro foron básicos para a economía do lugar, logo punto de reunión de veciños e a día de hoxe algúns deles funcionan como taperías. Arredor da fervenza hai carteis explicativos das características da fauna e flora do lugar.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.