Se pasas pola estrada PO-9303, que une Fornelos de Montes con Covelo, animámosche a parar na Serra do Suído a admirar unha das fervenzas máis fermosas de Galicia, que verte as augas unidas dos ríos Barranqueira de Fonte Uceira e Barranqueira do Rego de Casariños. Para chegar á fervenza haberá que atravesar o monte ata achegarse a un miradoiro de privilexiadas vistas, onde non falta un banco de pedra para descanso do camiñante, e baixar por un carreiro ata ela. O curioso poderá explorar os carreiros, cos seus recunchos escondidos, e seguir as súas bifurcacións para chegar aos saltos de auga do Casariños e outros loci amoeni (lugares amenos).
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.