Imos ao monte! Subindo a serra do Suído, en Fonte Uceira (A Airoa) no río Valdohome temos a fervenza do Coto Grande. Aos pés do monte do Castro hai un camiño que nos leva ata ela. A forma máis sinxela para vela é ir desde A Airoa por un carreiro que descende xunto á Capela do Castro e que nos conduce ata unha ponte antiga de pedras que cruza o río Fonte Uceira e seguindo por un curto pero empinado camiño de pedra atopámonos cun valo (haberá que abrilo para pasar e pechalo logo para evitar que saia o gando) que nos leva á Portela da Brea, dende onde observar xa a fervenza. Seguindo a cota de 750 metros chegaremos a un muíño abandonado que se atopa á beira das fervenzas.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.