E se aprendemos algo de historia? Un FOXO? E isto que é? Os foxos son trampas utilizadas desde hai séculos para a caza do lobo en Galicia. Teñen forma de «V», é decir, dous muros que converxen nun vértice onde se ubica o foxo. A trampa consistía en dúas longas paredes (sebes) de manpostería seca, que se ían pechando ata unha poza circular de tres ou máis metros de ancho. Esta poza tiña unha pequena entrada por onde pasaba o lobo, e que logo se pechaba para impedirlle a saída. A parroquia de Estacas, o lugar de Bustelos ( na Chan de A Anduriña), na cumbre da costa do Alén, reúne as condicións óptimas para a gandería extensiva (aínda hoxe en produción), por iso os seus antigos poboadores construíron este “foxo” dúplice, (único en Europa) coa idea de protexer o gando e previndo o ataque do lobo.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.