Dentro do pasado arqueolóxico de Fornelos de Montes atopamos estes restos de gravados rupestres. Están situados na parroquia de San Adrián de Calvos. Representan gravados rupestres da Idade de Bronce e indícannos a presenza humana anterior á dominación romana.
Para atopalos saímos dende a igrexa de San Adrián de Calvos. Chegamos ata ás últimas casas, collemos unha pista que se interna no monte, a uns 2 km e, xa arriba, hai un momento no que que podemos divisar a Ría de Vigo, pois xusto aí, no chan, podemos ver a rocha cos gravados.
Este petróglifo, orientado cara ao leste, presenta unha combinación circular na parte máis alta da rocha. Xunto a ela podemos ver cazoletas, liñas e cruces. Na parte superior do penedo, na rocha lindeira cara ao norte, aparecen tamén diferentes cazoletas desligadas do gravado principal.
Animámoste a atopalos!
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.