O conxunto escultórico, realizado por Ramón Conde, atópase no acceso á Estación Marítima e representa a todos aqueles galegos que partiron rumbo a América buscando novas oportunidades. Segundo as verbas do escultor ourensán Ramón Conde: a obra “reflicte ao emigrante cargado de ansia e de forza que vai á loita descoñecida, á muller que queda no cargo da educación do fillo e ao neno que é a imaxe da esperanza”.
Temos así un reflexo do acontecido no porto de Vigo a mediados do século XX, moitos homes e mulleres galegos que tiveron que coller as súas maletas e viaxar rumbo a América coa esperanza de atopar oportunidades de traballo que os sacasen das dificultades que aquí vivían.
No chan hai unha placa na que se pode ler: “Galicia non esquece aos seus emigrantes que coas súas bágoas regaron a historia do noso porto”.
Ademais deste grupo escultórico, temos na cidade outra escultura que rinde homenaxe aos emigrantes. Está situada na praza de América e é obra do escultor Camilo Nogueira. O monumento, en granito, representa un grupo composto por pai, nai e fillo que se abrazan nunha escea de reencontro. Na súa base pódese ler: “Amigo que polo mundo vas en busca dunha lonxana estrela, volta a vista, regresa ao teu fogar onde a calor dos teus te espera. Irmandade Galega de Venezuela”.
Se queredes achegarvos ata á praza Miguel Ángel Blanco ou ao principio da Gran Vía podedes ver outras dúas obras deste artista: Acordo Xusto e Os redeiros.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.