A igrexa de San Lourenzo é un edificio relixioso de estilo renacentista, cuxa construción data do século XVI (dende o 1563 ata o 1600) en honra a San Lourenzo, quen foi queimado vivo nunha grella durante a persecución dos cristiáns no século III. Deste xeito, a súa figura representase cunha grella nas súas mans. O conxunto arquitectónico divídese en tres seccións formadas polo cruceiro e a capela maior, cubertos con bóvedas de crucería e nervios moldurados.
Destaca a porta renacentista da igrexa, cun arco de medio punto e un frontón partido cun escudo no centro. Na parte superior da fachada hai un campanario composto por dous corpos de remate triangular.
O interior, alberga varias imaxes de gran valor artístico, como o Cristo da Agonía, un retablo barroco do século XVIII, un púlpito de madeira tallado e policromado e unha pía bautismal románica. Ao longo dos séculos, fixéronse cambios na igrexa de San Lourenzo para mellorar a estabilidade da estrutura, tales como a ampliación da sacristía e a construción do coro alto.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.