A igrexa, que foi totalmente finalizada en 1834, é un exemplo de arquitectura barroca moi tardía, que incorpora elementos propios da arquitectura neoclásica.
O templo ten unha única nave de planta rectangular que aparece divida en catro tramos por arcos de medio punto rebaixados que se apoian en pilastras interiores e nun contraforte no exterior.
O piso da igrexa, que aparece integramente lousado, funcionou como lugar de enterramento ata que, en 1787, o rei Carlos III prohibiu inhumar cadáveres no interior dos templos para evitar epidemias. Con todo, a norma foi adoptada de forma progresiva.
A porta principal presenta un sutil abocinamento ricamente moldurado con orelleiras barrocas. Enmarcándoa, un par de pilastras de fuste refundido soportan ilusoriamente unha cornixa recortada e decorada con placas barrocas. Sobre ela, un nicho apilastrado cuberto por unha vieira que acolle no seu interior unha imaxe popular de San Pedro, que porta un par de chaves na man esquerda (símbolo do ceo que Xesús lle prometeu cando fundou a Igrexa sobre el). Na man dereita soporta un libro (símbolo dos apóstolos) e unha serpe (un emblema da herexía que de cando en cando aparece nas mans de Pedro).
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.