A Igrexa de Santa María, co seu cemiterio, que datan do século XVIII foron construídos sobre un antigo mosteiro, fundado no ano 914 polos reis Ordoño II e Aragonta de León. O edificio é de planta de cruz latina, cunha fachada sostida por pilastras e un campanario de tres tramos. Nos laterais atópanse as capelas, situadas a ambos lados da ábsida, sendo esta máis alta que a nave.
A importancia do templo é tal que deu nome ao concello de Salceda de Caselas, chamándose en tempos en que aínda era mosteiro Santa María de Saliceta. Este mosteiro foi un triste refuxio para a Raíña Aragonta, que foi repudiada polo seu marido.
Outra referencia a esta vila vén da época de Felipe II; durante o seu reinado, Pedro de Alemparte Correa, arcidiácono da igrexa de Santiago, comprou a este rei a Parroquia ‘de Santa María de Salceda’ para construír a casa e granxa de Pegullal.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.